Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha camelia con nome de muller

RR_Noticias

Os xardíns do Castelo de Soutomaior celebraron onte a plantación da camelia María Vinyals, a primeira con nome de muller neste espazo. Unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que busca darlle e visibilidade ás mulleres. As reflexións de Vinyals e o himno contra a violencia de xénero “A porta violeta” de Rozalén complementaron o acto, enmarcado na programación “Por nós, por todas”.

Coas palabras de María Vinyals reflexionando sobre a posición das mulleres hai máis de 100 anos e a canción contra a violencia de xénero “A porta violeta” de Rozalén, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, do autor do libro “María Vinyals, a muller do porvir”, Diego Piay, e da historiadora Silvia Cernadas, realizou na mañá de onte a plantación da camelia “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior, a primeira “con nome de muller” do xardín. Silva, asegurou que con esta plantación “este xardín vai darlle visibilidade ás mulleres. Para que poidamos seguir dando pasos cara a igualdade é preciso ter referentes femininas”.
A presidenta provincial destacou a figura de María Vinyals, a marquesa vermella, “unha muller que demandaba educación, o voto e a presencia das mulleres en todos os eidos”. Tamén sobre a figura de Vinyals detívose o alcalde de Soutomaior que aplaudiu a iniciativa da Deputación por permitir “potenciar e dar a coñecer á marquesa” e “mellorar o xardín de excelencia internacional”.
O novo cultivar de camelia foi desenvolvido na Estación Fitopatolóxica de Areeiro e trátase dunha flor dobre formal que ten unhas cores cunha simboloxía “moi potente”; predomina a cor vermella, en referencia a como foi coñecida Vinyals “a marquesa vermella”; e vira a cor lila lavanda cando se cultiva en chans ácidos e está totalmente aberta, cor relacionada a día de hoxe co movemento feminista do que ela foi precursora hai 100 anos.
A iniciativa ampliarase posteriormente ampliarase coa “plantación doutros cultivares con nomes de mulleres, como Rosalía de Castro ou a Bella Otero”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará