Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local advirte que só se pode saír de casa o estritamente necesario

RR_Noticias

Ata o de agora o labor dos axentes centrouse en avisar e lembrar aos que atopan na rúa ou os que se congregan en grupos, que hai que cumprir a normativa en canto a quedar na casa e manter o confinamento na medida do posible. Con todo, advirten “se a partir de mañá non se toman máis en serio estas medidas igual hai que aplicar o que a normativa establece”.

Malia que a maioría si quedou na casa, hai quen tira de “picaresca” nestes días para saltarse un confinamento que forma parte das medidas excepcionais decretadas para tentar controlar a expansión do cornavirus. Esa minoría que se está a saltar as indicacións dáse sobre todo no casco urbano e, sorprendentemente, entre a xente de máis risco como son os maiores.
Ante esta situación a policía está a percorrer as rúas e, polo de agora, limítanse a lembrarlle aos que atopan na rúa de que hai que pasar a corentena na casa pero insisten en que a partir de mañá podería comezar a aplicar medidas coercitivas.
En canto ao comercio e locais de hostalaría aseguran que dende o sábado están a ter un comportamento exemplar e tan só abren aqueles que están autorizados. Lembramos que segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) son: Alimentación, gasolineiras e estancos, servizos de fisioterapia, talleres e servizos de ITV, informática, droguerías, servizos veterinarios, servizos sociais e residencias, técnicos de reparación e mantementos, lavado e limpeza de pezas téxtiles e pompas fúnebres e actividades relacionadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará