Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “Hai que evitar as aglomeracións, tanto nos establecementos como na rúa”

RR_Noticias

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que esta mañá participou no Comité de Seguemento celebrado no Concello por mor da crise polo COVD-19, insiste en lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños, pero tamén de “responsabilidade”.

A alcaldesa lembra as restriccións que existen para a mobilidade dos veciños, que debe limitarse a acudir aos centros de traballo, compras de primeira necesidade ou asistencia sanitaria. E advirte que no caso das compras, o tempo que deben permanecer nos establecementos debe ser “o estrictamente necesario”. Neste sentido advertiu que, tanto nos comercios que permanencen abertos como na rúa, “deben evitarse as aglomeracións”. Por iso a policía local tamén está a traballar coas patrullas pola rúa, informando á cidadanía de que faga caso a esta advertencia.De feito, axentes da policía local tiveron que intervir en varias rúas do centro da vila, onde conflúen establecentos de alimentación que permanencen abertos, para advertir aos veciños que non poden permanecer na rúa por máis tempo “do estrictamente necesario” para facer a compra. Outra preocupación do goberno local é o funcionamento dos centros de Saúde, tanto de Redondela como de Chapela. Rivas explicou que está en contacto cos responsables dentes centros, que polo de agora están a funcionar “con normalidade”. Desde o Concello non teñen coñecemento de ningún caso de coronavirus no municipio, e as consultas médicas foron hoxe “menos do habitual”, xa que moitas citas están a resolverse telefonicamente. A alcaldesa quere transmitir aos veciños unha mensaxe de “tranquilidade” pero tamén de “responsabilidade”. Advirte da importancia de seguir as recomendacións, quedar na casa o máximo posible, e optar polo teletraballo “sempre que sexa posible”, tal como se estableceu tamén para os traballadores do Concello. Reunión telématica cos grupos da oposición O goberno local tamén se reúne hoxe cos grupos da oposición, para trasladarlles as decisións adoptadas no comité de seguemento e mantelos informados da situación. Unha xuntanza prevista para as 14.00 horas e que, por motivos de seguridade, farase de xeito telemático.

Digna Rivas alcaldesa
A rexedora local lembra que hai que evitar as aglomeracións tanto nos establecementos comerciais como na rúa.
Centros de saúde
Os centros de saúde está a funcionar con normalidade pero cun volume de usuarios menor do habitual.
Tranquilidade e responsabilidade
A alcaldesa transmite aos veciños unha mensaxe de "tranquilidade" pero tamén de "responsabilidade". Advirte da importancia de seguir as recomendacións das autoridades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará