As persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA) así como outras persoas con discapacidade que teñan alteracións conductuais, poderán saír á rúa durante o período do estado de alarma. Así o acordou o Comité de seguimento da evolución do coronavirus do Concello de Redondela tras a resolución do Ministerio de Sanidade que aprobaba esta excepción atendendo a petición de diferentes colectivos.
A resolución do Concello establece que se comunicará á Policía Local de Redondela “a habilitación das persoas con discapacidade, que teñan alteracións conductuales, por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un acompañante, a circular polas vías de uso público, a condición de que se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio”.
As persoas afecadas por esta excepción poden ponerse en contacto coa Policía Local e trasladar os seus datos, co fin de facilitar o uso do seu dereito de circulación.
Foran diferentes asociacións as que manifestaran a necesidade de que se permitise sair de casa a persoas con Transtorno do Espectro do Autismo que, debido ao seu transtorno, requiren manter rutinas de xeito estricto ou andar e correr como medida terapéutica para rebaixar a ansiedade e regularse sensorialmente.