Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Policía e ambulancias súmanse á homenaxe aos sanitarios

RR_Noticias

As oito da tarde, como todos os días dende hai máis dunha semana, chegan os aplausos aos sanitarios. A esas persoas que saen aos seus balcóns e fiestras para recoñecer o traballo dos profesionais da sanidade na crise do coronavirus, súmanse dende varios días os Policía Locais e os servizos de Emerxencia, que percorren o centro da vila facendo soar as sirenas dos seus vehículos. Os mesmos policías que insisten “hai que respetar o confinamento, porque cada día estamos sancionando a máis persoas, xente que terán que pagar 600 euros por saltarse o estado de alarma”.

Uns axentes que lamentan que, logo dunha fin de semana onde o confinamento foi respectado por prácticamente toda a cidadanía, coa chegada do luns novamente se viu moita xente saltando o establecido pola estado de alarma “un confinamento que é unha cuestión de responsabilidade para tentar reducir o número de contaxios e cuxo incumprimento supón ademais unha importante sanción económica, que supera os 600 euros”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará