Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reforza equipos de limpeza e desinfección en rúas e zonas sensibles

RR_Noticias

A contorna do Centro de saúde, os supermercado ou as farmacias, zonas que estes días rexistran máis tráfico de persoas, son os puntos nos que actúan con máis intensidade
os equipos de limpeza e desinfección do Concello. Ao servizo que funcionaba ata agora, engádese un camión de emerxencias para as rúas e prazas tanto do casco urbano coma das parroquias, e un vehículo máis pequeno que se ocupa de realizar os traballos de desinfección nas rúas secundarias.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, anunciou a posta en marcha dende hoxe luns, destas medidas de reforzo aos equipos de hidrolimpeza e desinfección que xa viñan actuando en Redondela dende o inicio do estado de alarma.  Este reforzo “permitirá ampliar máis os traballos de limpeza e desinfección que xa estaban desenvolvendo operarios municipais dende hia máis dunha semana” ao tempo que se da prioridade “á desinfección e limpeza de lugares nos que se poida dar unha maior afluencia de persoas, como a contorna do Centro de Saude, supermercados e tendas de alimentación ou mesmo farmacias”.
O procedemento de limpeza e baldeo é o que marcan as autoridades competentes, cos medios e produtos desinfectantes indicados “e que se aplican seguindo escrupulosamente as normas”, sinalou o Equipo de Goberno que destacou “o enorme esforzo que están a realizar moitos dos traballadores e traballadoras do Concello, que están a dar un gran exemplo de compromiso desenvolvendo unha labor imprescindible nestes duros momentos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará