Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Arcade pide a suspensión da actividade e axudas para os traballadores do mar

RR_Noticias

Os socios da Confraría de Pescadores de Arcade están a vivir unha situación “de angustiosa incerteza” por mor da crise sanitaria do coronavirus e as súas consecuencias na economía. Denuncian que se atopan “sen información, ou case nula”, tanto por parte do goberno central como da Xunta de Galicia. Demandan “a suspensión provisional da actividade e axudas para que os traballadores do mar poidan afrontar esta situación”.

Desde o pósito de Arcade explican que teñen a moitos dos socios que se dedican ao marisqueo “na casa sen poder ir traballar”. Parte deles fano porque non hai compradores, e outros para cumprir coas recomendacións de loita contra o COVID-19, ou por atoparse entre os grupos de poboación de risco. Sinalan que esta situación por mor do Estado de Alarma “non é só unha traba para traballadores e traballadoras do marisqueo”, xa que tamén afecta aos naseiros da anguía. Ao non ter compradores para este produto “están a acumulalo nas piscinas, onde acabará perdendo peso e morrendo”. Por outra banda, os trasmalleiros venden o choco a un prezo moi baixo, “logo de ir a faenar co risco que supón e volvendo ás súas casas cunha renta indigna”. No pósito son conscientes “da problemática e excepcional situación que se está a vivir en todo o país”, pero advirten que o que está a suceder no sector da pesca artesanal “é unha cuestión que precisa que se tomen medidas man xa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará