Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As denuncias por saltar o confinamento chegan a un centenar en Redondela

RR_Noticias

Dende a Policía local anuncian que se incrementarán os controis nos vindeiros días porque nos “atopamos no momento máis crítico dende que comezara a crise sanitaria”. Ademais dos controis nas estradas, onde se para aos vehículos para determinar se están autorizados así como comprobar que se respectan as medidas decretadas en canto ao número de ocupantes e distancia entre eles, intensifícanse os controis en paseos e na senda da auga, lugar no que se realizan denuncias diariamente.

A policía local de Redondela denunciou a preto dun cento de persoas dende que se decretara o estado de Alarma. Todas elas por saltarse o confinamento malia non contar con permiso para elo. Dende o servizo policial lembran que estamos no punto máis crítico dende que comezara a crise sanitaria polo que seguirán aumentando a realización de controis por todo o municipio, prestando especial atención aos paseos existentes ou a senda da auga.
Insisten en que “pasear o can a cinco kilómetros da casa”, “levarlle un postre a un familiar” ou alegar que “descoñecemos estar en estado de alarma” non evitan a denuncia e insisten en que por responsabilidade debemos extremar as precaución e quedar na casa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará