Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protección Civil de Redondela axuda aos veciños máis vulnerables no confinamento

RR_Noticias

A situación de confinamento está a ser especialmente dura para os máis vulnerables. Persoas maiores que viven soas, con problemas de mobilidade, ou con patoloxías que os convirten en poboación de risco. Para evitar que teñan que saír á rúa, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil encárganse de facerlles a compra de produtos básicos e medicamentos, e levarllos á casa.

Nos primeiros días do Estado de Alarma pola crise do COVID-19, a agrupación dedicouse a percorrer as diferentes parroquias de Redondela para explicar á veciñanza das medidas de protección que deben adoptar para evitar o contaxio. Tamén para informalos do servizo de axuda posto en marcha para ocuparse das persoas maiores que viven soas, ou aquelas con problemas de mobilidade, ou enfermidades que os convirten en poboación de risco. Nestes casos, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil son os encargados de facerlles a compra de produtos básicos e medicamentos, e levarllos á casa. Esther Román, a presidenta da agruacion de voluntarios, explica que esta axuda xestiónase a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de Redondela. Aqueles veciños que precisen desta axuda poden solicitala no teléfono 986402608. Actualmente están a prestar este servizo nuns quince domicilios, na maior parte dos casos son peroas maiores que viven soas. Tamén son os voluntarios de Protección Civil, con experiencia na rama sanitaria e sociosanitaria, os encargados de facer as compras de primeira necesidade aos veciños positivos en COVID-19 “que afortunadamente son mois poucos”, segundo explica Esther Román. Por outra banda colaboran tamén con Cáritas, facendo o reparto de comida e produtos de primeira necesidade a unhas 14 familias. Estes traballos realízanos os seis voluntarios da agrupación, en quendas de mañán e tarde, de luns a venres. Solidariedade da veciñanza Desde Protección Civil queren poñer en valor o comportamento “exemplar” que está a ter a veciñanza de Redondela, e todas as mostras de agrademento e solidariedade que reciben a diario. Iris Valtierra, responsable sanitaria de agrupación, explica que moitos se ofrecen a donarlles material de proteción, luvas e máscaras sanitarias. Un xesto que é de agradecer, sobre todo nestes momentos, xa que se trata de material “moi necesario e escaso”. Os voluntarios, que saen tamén á rúa no seu vehículo ás 20.00 horas acompañando á Policía Local, amósanse “emocionados” polas mostras de “ánimo e agrademento” que reciben dos veciños. Desde as fiestras e balcóns, nesa cita diaria para aplaudir aos sanitarios e persoal de emerxencias, os axentes de Protección Civil valoran moito “o cariño dos veciños”.  

Presidenta Protección Civil Redondela
Esther Román explica o procedemento para solicitar esta asistencia
Iris Valtierra responsable sanitaria
Comportamento "exemplar" da veciñanza
Agradecemento á veciñanza
Amósanse emocionados polo ánimo e o cariño dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará