Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Venta telefónica e entrega a domicilio, as prazas reinvéntanse para seguir atendendo aos veciños

RR_Noticias

As prazas de abastos de Redondela e Chapela potencian os encargos telefónicos e o reparto a domicilio para seguir dando servizo a súa clientela ao tempo que reducen ao máximo o risco de contaxio do coronavirus. Os usuarios poden acceder a froita, peixe ou carne, produtos frescos e de calidade a través da compra telefónica. Os propios praceiros encárganse de organiza o servizo para que nunha única viaxe se lle faga chegar ao cliente todos os produtos adquiridos.

A iniciativa partiu dos propios comerciantes das prazas de abastos que decidiron adaptarse á nova situación promovendo o servizo de compra telefónica. ediante encargo e o servizo de compras a domicilio co obxectivo de facilitar aos veciños e veciñas a adquisición de produtos de primeira necesidade dende os seus fogares O sistema de compra realízase  a través de teléfono. Os distintos postos que se sumaron a este servizo facilitaron os seus números de contacto dende os que recibirán os pedidos dos seus clientes e recollerán os datos necesarios para facer chegar a domicilio dos seus produtos. As mercadorías tamén poden ser recollidas no propio mercado evitando colas innecesarias ou tempos de espera máis dilatados do recomendado. Os teléfonos poden consultarse na páxina web do Concello de Redondela e da Asociación de empresarios. Os comerciantes dos mercados de abastos que manteñen a súa actividade habitual, no horario matutino normal, están a seguir todos os protocolos establecidos polas autoridades sanitarias para garantir as compras seguras durante este período de estado de alarma. Os dous edificios que albergan os mercados do municipio son desinfectados asiduamente tanto no seu interior, coma en el exterior dentro das actuacións sobre espazos públicos que se están a levar a cabo no Concello de Redondela. Ademais da finalidade de asistir aos propios veciños, moitos deles clientes habituais, quérese promover a compra de produtos de calidade de primeira necesidade no comercio local.  

Venta telefónica e entrega a domicilio
Un servizo para os clientes das prazas
Unha praza viva
Os praceiros buscan garantir o servizo aos seus clientes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará