A Universidade de Santiago de Compostela xunto co centro de investigación en Sanidade Animal (INIA) do que forma parte este virólogo, traballan nun proxecto de investigación para obter unha vacina fronte o SARS-CoV-2. Malia que confían en que poida ser unha realidade no outono, existe o problema real de como producir as doses necesarias para toda a poboación. En torno a este virus hai poucas certezas, aínda que si se sabe que as altas temperaturas e, sobre todo, os raios ultravioletas favorecen que se destrúa polo que os contaxios previsiblemente diminuirán coa chegada do calor.
A vacina galega, na que están traballando conxuntamente o equipo de José Martínez Costas, do Ciqus da USC e o Centro de Investigación de sanidade animal en Madrid, podería estar xa este outono. Con esas previsións traballan estes organismos que lideran un proxecto de investigación en torno a unha vacina que é “bastante inocua e non produce efectos secundarios, maila que aínda está por ver como de eficaz é”. Confían en que os primeiros resultados estean en cuestión de meses e que se aceleren os trámites para a súa comercialización. O problema ante unha nova vaga de contaxios sería producir o número necesario de doses para toda a poboación polo que, igual nunha primeira fase, habería que centrarse nos grupos de risco. Sobre os estudos que se están a realizar para avaliar qué parte da poboación ten anticorpos e estaría polo tanto inmunizada contra o coronavirus, os chamados test serolóxicos, todo apunta a que a porcentaxe é menor do esperado “hai estudos que estiman que tan só o estaría o 5%, os máis optimistas apuntan a un 30%”. Uns resultados que se afastan do esperado e que fan traballar coa hipótese de que ou ben o virus non se ten practicamente espallado máis aló dos que amosaron síntomas, ou os test están fallando”. Un coronavirus que deixa aínda polo de agora máis incógnitas que certezas. Entre o que si se sabe, explica Ortego, está o feito de que a chegada do calor reducirá o número de contaxios “os raios ultravioletas e o calor destrúe os virus, co cal os contaxios seguirán de persoa a persoa, pero serán menores ao desaparecer o coronavirus das superficies máis rapidamente”.