Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén ofrece aos veciños orientación xurídica para afectados pola COVID-19

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén acaba de anunciar a creación dun novo servizo de orientación xurídica para os afectados pola crise sanitaria da COVID-19. Os interesados en facer uso deste servizo deberán solicitalo a través do correo electrónico concello@pazosdeborben.org ou no teléfono 986 497 035. Unha vez recibida a solicitude o asesor porase en contacto cos interesados.

Este novo servizo de asesoramento xurídico quere axudar aos veciños nos trámites legais que resultarán tras a pandemia do coronavirus, como as reclamacións á administración en relación aos ERTEs ou problemas de seguridade laboral nas empresas. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, explicou que este servizo estará dispoñible “todo o tempo que os veciños o necesiten para que ningún quede sen asesoramento”. Iglesias destacou a necesidade de poñelo en marcha “para axudar a moitos veciños, especialmente ás pequenas e medianas empresas e autónomos, aos que esta situación lles ocasionou graves problemas e que ven o seu futuro laboral con incerteza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará