Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos adquire 3.000 pantallas protectoras que repartirá entre todos os veciños

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén acaba de recibir o pedido de 3.000 máscaras protectoras para repartir unha a cada veciño do municipio, priorizando aos traballadores autónomos e de pequenas empresas. O alcalde, acompañado polo equipo de goberno, comezou a preparar os lotes para distribuílos desde hoxe luns, e que a poboación “poida mellorar as súas condicións de seguridade ante o comezo da desescalada”.

O alcalde, Andrés Iglesias, explicou que este pedido realizouse hai varias semanas, pero ante a escaseza de material de protección e a prioridade de abastecemento para os servizos sanitarios, a entrega das pantallas protectoras atrasouse até este venres. Sinala que a intención do goberno local era repartilas antes, pero entenden que o persoal sanitario “necesitábaas máis”. Agora están listas “para que os veciños poidan empezar a saír esta semana de forma segura”, indica Iglesias. Estas máscaras de protección facial están fabricadas con apet, un material utilizado nos produtos sanitarios, que permite unha óptima visión. Ademais, contan cun sistema de fixado mediante gomas para facilitar ao máximo o seu axuste, mellorando así a capacidade de protección da pantalla.
Do mesmo xeito, o rexedor destacou que estas pantallas servirán para aumentar a seguridade dos autónomos e traballadores do municipio que aínda non se reincorporaron aos seus postos de traballo, “axudaralles a estar protexidos cando comecen a súa actividade laboral nas próximas semanas”. Por último, segundo explicou o rexedor, ao ser Pazos de Borbén un municipio con menos de 5.000 habitantes, non existen horarios específicos para a saída de persoas maiores e prácticas deportivas, “o que outorga unha flexibilidade que axudará moito a que os veciños poidan comezar a saír cando o necesiten, podendo compatibilizar as saídas cos seus traballos, o coidado dos menores e as necesidades das persoas maiores”. Pola súa banda, a edil de servizos sociais, Eloisa Nogueira, advertiu que “todas as proteccións son poucas” e que o máis importante “é coidar aos nosos veciños”. Lembran que malia a protección das pantallas “non se pode baixar a garda, hai que seguir atendendo ás recomendacións dos sanitarios e gardar sempre a distancia de seguridade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará