Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O monte veciñal do Viso impulsa un proxecto para absorver máis de 250 toneladas de CO2

RR_Noticias

A Comunidade de Montes Veciñais en man Común do Viso vén de inscribir parte do seu monte no rexistro de proxectos de absorción de dióxido de carbono (CO2) do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Son máis de 4,5 hectáreas onde fixeron labores de rexeneración despois dos incendios do ano 2016. Deste xeito poñen a disposición de entidades, administracións ou empresas a posibilidade de mitigar o carbono que emiten coas súas actividades habituais, e compensalo apoiando economicamente o desenvolvemento de arboledo e a restauración de montes.

A iniciativa, presentada pola comunidade de montes a finais do 2019, foi inscrita o pasado mes de abril polo Ministerio de Transición Ecolóxica neste rexistro de absorción de CO2. Este Rexistro, de carácter voluntario, recolle os esforzos das empresas, administracións e outras organizacións españolas no cálculo, redución e compensación das emisións de gases de efecto invernadoiro que xera a súa actividade. Xosé Covelo, da directiva da Comunidade de Montes do Viso, explica que o seu proxecto consiste en 4,55 hectáreas “onde a comunidade xa procedeu á realización de labores de rexeneración dunha masa natural de piñeiro do país que fora destruída nos incendios do ano 2016”. A medida que a masa vaia crecendo nos próximos 30 anos, as árbores absorberán da atmosfera dióxido de carbono, un dos principais gases responsables do cambio climático. Ao inscribirse no rexistro, poñen a disposición de entidades, administracións ou empresas a posibilidade de mitigar o carbono que se desprenda das súas actividades habituais, podendo compensalas apoiando o desenvolvemento de arboledo e a restauración de montes. Unha vez a entidade calcula a pegada de carbono da súa actividade, poderá compensala a través do rexistro de absorcións do Ministerio, onde os montes do Viso. Este un dos 7 proxectos que existen en Galicia, dun total de 80 en toda a península. As actividades susceptibles de compensar as súas emisións pasarían tanto polas propias industriais, os transportes e loxística, a construción e tamén aquelas ligadas a outros campos, como poden ser eventos socio-culturais, iluminación viaria, sistemas de calefacción e climatización ou vehículos, tanto de entidades como de administracións públicas. “É unha oportunidade para que tanto industrias como Administracións sexan consecuentes medioambientalmente”. Ademais o certificado reportaríalles ás empresas beneficios, xa que hai normativa estatal e internacional que obriga a reducir as emisións. Tamén son cada vez son máis as administracións que obrigan ás empresas que se presentan aos concursos de obra pública a certificar que teñen “emisións 0”. A comunidade calcula que en 30 anos a masa inscrita absorberá 1.416 toneladas de CO2, das que na actualidade poñen xa a disposición dos interesados unhas 257 toneladas. Aínda que no mercado non hai uns prezos medios fixados para estas emisións, a tonelada cotízase entre 7 e 10 euros. Estiman que ao longo do proxecto a comunidade poida percibir ao redor de 14.000 euros por esas 1.416 toneladas, unha contía que contribuirá ao mantemento da masa forestal. Os comuneiros do Viso esperan que nos próximos anos, a medida que se vaian realizando novos labores de rexeneración das superficies danadas polos incendios do ano 2016, póidanse inscribir no rexistro até unhas 40 hectáreas.

Xosé Covelo da directiva da Comunidade de Montes do Viso
o seu proxecto consiste en 455 hectáreas onde a comunidade xa procedeu á realización de labores de rexeneración despois dos incendios de 2016.
Beneficio para as empresas
É unha oportunidade para que tanto industrias como Administracións sexan consecuentes medioambientalmente.
Contribución para manter a masa forestal
Aínda que no mercado non hai uns prezos medios fixados para estas emisións a tonelada cotízase entre 7 e 10 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará