Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cumprimento das medidas sanitarias condicionará a eliminación das franxas horarias

RR_Noticias

O mércores, a Comisión de Seguimento da COVID-19 analizará os primeiros días da fase un e o cumprimento das medias de distanciamento e seguridade entre os veciños para decidir o mantemento ou supresión das franxas horarias nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes. Para iso avaliarán un informe da Policía Local sobre o cumprimento das normas nos primeiros días desta fase de transición. Dende o goberno local piden responsabilidade porque despois “do esforzo feito durante os dous meses pasados agora non podemos retroceder”.

Redondela iniciou a fase un de transición co mantemento das franxas horarias tanto nas parroquias como nos núcleos urbanos de Chapela e Redondela, malia a posibilidade de suprimilas naqueles núcleos de poboación de menos de cinco mil habitantes. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que carecen dos datos necesarios para tomar esa decisión e que agardarán á celebración da Comisión de Seguimento da COVID-19 que se celebrará o mércores, 13 de maio, para analizar o comportamento dos veciños nos dous primeiros días da fase un, especialmente nas parroquias. Avaliarán os datos proporcionados pola Policía Local en canto ao cumprimento das normas sanitarias de distanciamento e protección para poder decidir o mantemento ou non das franxas horarias.
A alcaldesa e a segunda tenente de alcalde, Susana Couñago, piden “responsabilidade aos veciños para que non “relaxen” as medidas de seguridade e precaución para evitar os contaxios, sobre todo que se manteña “a distancia social”. Advirten que despois de case dous meses de sacrificio e confinamento “non podemos permitirnos unha volta atrás nesta crise sanitaria”.
Así as cousas, mantéñense as mesmas franxas horarias que na fase 0 da desescalada. As saídas para facer deporte e pasear establécense entre as 06.00 e as 10.00 horas ou de 20.00 a 23 horas; para os maiores e dependentes de 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 20.00 horas; para nenos de 12.00 a 19.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará