Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acollerá a estrea mundial de “María Solinha”

RR_Noticias

A crise da COVID-19 que impide a estrea da longametraxe nos cines leva ao director, Ignacio Vilar, a realizar a “premier” de “María Solinha” ao aire libre. Será na Alameda Castelao o 19 de xuño, coa colocación de asentos, unha pantalla xigante e todas as medidas de seguridade e hixiene que establecen as autoridades.

O realizador e productor ourensán explica que será “a posta de longo” do filme, rodado en Redondela e Cangas. Non faltará a alfombra vermella pola que pasarán as actrices protagonistas Grial Montes e Laura Míguez, ademais de Santi Prego, Antonio Durán Morris e Mabel Rivera. Teñen previsto levar a película a municipios galegos onde non hai sala de cine. Estarán nuns 200 concellos durante todo o verán, con proxeccións ao aire libre e de balde, para o que contarán co apoio de Concellos, Deputacións e entidades privadas como Abanca ou Gadis. A actividade realizarase seguindo “uns estrictos protocolos de seguridade e hixine”. No caso de Redondela establecerán no recinto 200 cadeiras, mantendo a distancia de seguridade entre os espectadores. “María Solinha” tiña previsto a súa estrea este mes de maio nos auditorios de Redondela e Cangas, pero a crise da Covid-19 obrigou a aprazar estas citas en espazos pechados. Vilar comprometeuse a que, en canto sexa posible, levar a película ao Multiúsos da Xunqueira “onde se farán proxeccións tantos días como sexa necesario para que todos os veciños que o desexen poidan vela”. O director explica que para o pase en salas comerciais agardarán a que poidan ter o aforo completo, xa que co 30% da capacidade “non é viable economicamente”. O filme de “María Solinha” reconstrúe a historia da viúva canguesa María Soliña, quen foi acusada de bruxaría e logo queimada pola Inquisición no 1621.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará