Durante dez días, as bandeiras do Concello de Redondela ondearán a media hasta, en cumprimento do loito oficial que o Goberno da nación vén de decretar en lembranza de todas as vítimas da pandemia da COVID-19. Ao mesmo tempo, o Goberno local convocou unha concentración silenciosa diante da Casa Consistorial na que ao grupo de Goberno, engadíronse concelleiros e concelleiras da Corporación municipal e veciños e veciñas de Redondela.
Coa concentración de hoxe, sinalou a alcaldesa Digna Rivas, “toda a Corporación e a veciñanza quere lembrar, non só ás vítimas da COVID-19, senón as familias que durante esta tráxica primavera do 2020, perderon a algúns dos seus seres queridos. Eles e elas sempre estarán no noso recordo”.