O Círculo de Podemos de Redondela celebrou esta efeméride o pasado venres, día 5, cunha recollida de lixo. Esta acción tiña como obxectivo concienciar aos veciños na preservación dun entorno “natural e limpo”, o que beneficia “a saúda da poboación e do planeta”.
Dado o actual Estado de Alarma, decidiron non abrir a actividade ao público en xeral, e foron un pequeno grupo de inscritos en Podemos de Redondela os que fixeron a recollida de lixo provistos de luvas emacarilla. Percorreron as rúas Prata, Cabo dos Fumeiros, Regateiras e avda. Mendiño ata o Centro de Saúde. Nun breve período de tempo dunha hora e media recolleron unha bolsa de cabichas, 10 mascarillas e 25 luvas tiradas nas rúas, ademais de dúas bolsas con pequenos residuos. Advirten que as cabichas son o principal residuo recolleito no medio ambiente en todo o planeta, con millóns de quilos diseminados por todo o mundo. Estes refugallos dos cigarros tardan décadas en desaparecer e contaminan os mares, danan a biodiversidade e poden provocar incendios forestais.