Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Redondela “cazado” na autovía A-52 sen carné e saltanto o estado de alarma

RR_Noticias

A Garda Civil investiga a un veciño de Redondela ao que detectou conducindo sen carné cando realizaba un desprazamento interprovincial non autorizado na Fase II da desescalada. Foi interceptado na Cañiza cando regresaba de Ourense cun acompañante nun vehículo con múltiples deficiencias.

Segundo informou o instituto armado, os feitos tiveron lugar a última hora da tarde do venres, cando unha patrulla de motoristas interceptou ao vehículo á altura da Cañiza. O condutor, que nunca obtivo o carné, conducía pola A-52 sentido Vigo e procedía de Ourense, ao parecer sen causa xustificada, como tampouco a tiña o seu acompañante, polo que ambos foron denunciados por incumprir as restricións á mobilidade do estado de alarma. Os axentes comprobaron, ademais, que o vehículo no que circulaba o investigado presentaba diversas deficiencias técnicas, xa que o turismo carecía de sistema de escape de gases eficaz e os pneumáticos non presentaban debuxo nas bandas de rodamento, feitos que foron denunciados por vía administrativa. Os axentes realizaban un servizo de vixilancia dos desprazamentos interprovinciales, non autorizados até hoxe luns, coa chegada da fase III da desescalada. Ademais unha denuncia administrativa por saltar as restricións de mobilidade do estado de alarma, os axentes interpuxeron outra por circular cun vehículo con diversas deficiencias técnicas. Pola vía penal, instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria por conducir sen carné, para o que o Código Penal establece penas de prisión de 3 a 6 meses e multas de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará