O Concello de Pazos de Borbén acaba de realizar seis novas contratacións para reforzar a súa brigada de limpeza durante a tempada estival.Os novos empregos destinaranse principalmente ao coidado de infraestruturas municipais e realizarán tarefas de limpeza de mobiliario urbano, parques, xardíns e actuacións de mantemento.
Os novos empregos financiaranse a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e terá unha duración de 6 mese cunha xornada laboral de 30 horas semanais. O alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, sinala que con estas novas incorporacións “poderanse reforzar os servizos e ampliar as actuacións de mantemento no municipio ao tempo que se dá traballo a veciños en situación de desemprego”. Estes traballadores estaban inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, e a contratación realizouse baixo un proceso de selección no que se valoraron aspectos como a preparación e a situación económica persoal e familiar dos candidatos.