Un programa pioneiro que busca a concienciación en materia de prevención e que contará con equipos conformados por persoas maiores que recibirán información sobre o Covid-19. Unha vez preparados en todo o que ten que ver cos aspectos sanitarios, sociais e preventivos serán eles os encargados de espallar esa información entre as súas amizades, amigos e familiares.
Con esta iniciativa búscase crear un “efecto dominó” de xeito que os maiores sexan pezas clave á hora de concienciar aos seus conveciños sobre a necesidade de non baixar a garda e manter as medidas preventivas e que esa mensaxe cale entre toda a cidadanía”. Ao tempo este programa tamén se converte nunha ferramenta de transformación do papel das persoas maiores na sociedade, “un proxecto no que o Goberno local leva traballando dende a súa toma de posesión” segundo explica a alcaldesa e responsable da Terceira Idade, Digna Rivas. “As e os maiores abandonan o seu rol pasivo e convértense en pezas útiles á sociedade, achegando os coñecementos e a experiencia adquirida ao longo de toda unha vida”, sinalou na presentación da iniciativa que tivo lugar no Centro Cultural de Cedeira.
Esta parroquia foi a elixida como “piloto” para, posteriormente, levalo aos demais núcleos rurais do municipio. O seguinte paso será formar a aos integrantes no primeiro Equipo de Maiores de Concienciación Cidadá (EMCC), quen recibirán explicacións polo miúdo da COVID-19 dende os aspectos sanitario, social, preventivo e de seguridade en clases curtas de entre 15 e 20 minutos, de xeito que sexan o máis amenas posible. Unha vez rematada a preparación, este grupo de maiores terá a labor de explicarlles o aprendido ás súas amizades, veciñanza e familiares. ”
Rivas subliñou a importancia desta iniciativa pioneira en España “porque o perigo non pasou e agora temos que ter máis coidado que nunca para evitar unha volta atrás que sería catastrófica”.