O Concello de Redondela non autoriza para o presente ano as tradicionais fogueiras de San Xoán atendendo así a decisión da Xunta que prohibir a celebración de festas populares aló menos ata o 1 de xullo. A resolución da Concellería de Medio Ambiente establece que non poderán celebrarse estas cacharelas nin na noite correspondente “nin noutros días alternativos”.
Nas medidas da “nova normalidade” publicadas o pasado sábado a Xunta de Galicia establece que non poderán celebrarse festas populares ata o vindeiro mes e “sempre que a evolución epidemiolóxica así o aconselle”. Unha decisión que afecta de cheo a todas esas celebracións do San Xoán que teñen lugar en torno a unha fogueira na noite do 23 ao 24 de xuño.
Lembran tamén dende Medio Ambiente que ao longo do estado de alarma “quedou demostrado que as concentración humanas son un dos principais focos de contaxio”, e que estas fogueiras adoitan ser un punto de encontro importante en canto a número de persoas. Entenden que as medidas de seguridade “que farían falta para diminuír os niveis de risco acabarían por desvirtuar a celebración” polo que non ven viable a celebración desta festa que terá que esperar ata o vindeiro ano.