Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fran Teixeira: “Seguirei a próxima temporada no Rodosa Chapela, o balonmán axúdame”

RR_Noticias

É unha lenda viva do balonmán, e a súa ligazón ao equipo de Chapela vén de hai moitos anos. Logo de trece temporadas á fronte do equipo en Primeira Nacional e División de Honra B, vén de confirmar que seguirá unha máis. Anteriormente, na década dos 90, tamén estivo tres temporada como técnico do equipo redondelán na súa etapa de ouro en Asobal.

Teixeira ten demostrado ser incombustible. Logo de tres anos de pelexa contra un cancro de colon, catro operacións e varios ciclos de quimioterapia, tan só nun par de ocasión faltou á súa cita co equipo. E a súa intención é a de continuar do mesmo xeito a próxima temporada, xa que como el mesmo asegura o balonmán forma parte da súa terapia e axúdalle. O seu lema é “hai que seguir traballando”. Cando secancelou a liga o pasado mes de marzo pola crise da COVID-19, o Chapela estaba no quinto posto, a un punto da fase de ascenso, con sete xornadas por xogar. Teixeira amósase satisfeito porque o balonmán da provincia acadase algún ascenso e evitara os descensos, pero lamenta que o Chapela foi “o máis prexudicado” xa que estaban “con moitas opcións de pelexar polo sector”. Tras o ascenso do Lalín, o técnico prognistica que a próxima temporada terán que loitar pola fase de ascenso co Xiria, Lanzarote, e Cañiza, entre outros, que veñen de reforzarse moito. O equipo redondelán seguirá pelexando polo obxectivo malia recoñecer que está a resultar “moi complicado contar con reforzos”. Nesta tarefa ao fronte do equipo de Chapela contará un ano máis co seu fillo Adrián como segundo adestrador, e tamén Pablo Casal, que asumirá o traballo de estatísticas e vídeos, e Pedro Cid como delegado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará