Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela programa unha semana de actividades para reivindicar os dereitos LGTBI+

RR_Noticias

Dúas exposicións, contacontos, un monólogo, a elaboración dun mural e o acto oficial de lectura do manifesto na Alameda Castelao centran o programa que o concello organiza coa asociación local Irisar para celebrar o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBI+, porque “é necesaria unha aceptación real”.
 

O concello de Redondela súmase aos actos organizados co gallo do 28 de xuño para reivindicar e visibilizar os dereitos das persoas LGTBI+ en todo o mundo e o fan xunto ao colectivo que representa ao movemento no municipio, a asociación Irisar. Un programa, condicionado pola situación sanitaria, pero que se prolongará durante toda a semana e dirixirase a todas as idades. Dende este venres xa se pode ver na Alameda Castelao e no paseo marítimo de Chapela a exposición “Persoeiros Irisados”, na que se recollen persoas que marcaron a loita polos dereitos LGTBI+ e nomes da cultura e outros ámbitos que os defenderon e deron visibilidade dende o ano 1900 até a actualidade .
As actividades comezarán o venres, 26 de xuño, coa elaboración dun graffiti na rúa Ernestina Otero ao caron da praza. Ao día seguinte lerase o manifesto na Alameda Castelao, en Redondela, ás 20.30 horas, e media hora máis tarde comezará un monólogo de Puchi Otero e Lucía Marcos. O domingo as actividades dirixiranse aos máis cativos, cun contacontos na alameda de Redondela ás 12.30 horas e en Chapela ás 18.00 horas, no paseo marítimo.
Un programa, que segundo apuntaba a alcaldesa Digna Rivas, supón dar continuidade ao traballo que o concello realizou neste ámbito dende o inicio do seu mandato e que tivo como acción máis visible o banco pintado coa cor do arco da vella que está situado fronte á casa consistorial. Un banco que terá as súas réplicas en cada unha das parroquias do municipio, segundo adiantaba a rexedora local. O obxectivo “fomentar a tolerancia, a igualdade, a dignidade e o respecto”. Precisamente o manifesto deste ano centrarase na necesidade de facer da aceptación e igualdade unha realidade, en palabras da asociación Irisar. Un colectivo que nacía en setembro de 2019 na defensa das persoas LGTBI+ do municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará