Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non renuncia a súa feira do libro, será do 16 ao 19 de xullo

RR_Noticias

A Xunta vén de presentar o calendario que se vai desenvolver nas vindeiras semanas en torno ao libro e que ten a súa cita máis próxima o vindeiro 25 de xuño en Vigo. As seguintes paradas serán Ponteareas, Redondela, Rianxo, A Coruña, Foz, Monforte de Lemos e Ourense. O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo lembrou que se trata dunhas citas fundamentais para reactivar o sector editorial.

Redondela celebrará este ano a súa V feira do libro, unha cita coa literatura que dende o 2015 se vén desenvolvendo na alameda Castelao, lugar no que se realizan presentacións literarias, actuacións musicais, exposicións e onde os libreiros ofertan os seus títulos con descontos engadidos.
Todo apunta a que este ano tamén se repetirá esta imaxe logo de que a Xunta confirmase un calendario de Feiras do libro en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, que arrancan en Santiago de Compostela e Vigo e ás que lle seguirá Ponteareas, Redondela (do 16 ao 19 de Xullo) e Rianxo, do 23 ao 26. Xa en agosto haberá citas na Coruña, Foz, e Monforte de Lemos, pechándose a edición deste ano coa feira de Ourense en outubro.
Un calendario de feiras post-covid que para o director xeral de Políticas Culturais supón “unha oportunidade para reactivar o sector do libro e as librarías despois dos meses de parón provocados polo confinamento”. Nesta mesma liña, asegurou que se trata “dunha actividade que conta con todas as medidas necesarias para que sexa un evento seguro tanto para os visitantes como para os propios autores e libreiros”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará