Os candidatos de Unidas Podemos elixiron a Praza da Constitución para achegarse á cidadanía nun acto que arrancará ás 12:00 horas. Pola súa banda o cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, visita a zona de Aucosa en Cabanas, hoxe ás 17h. Durante esta visita presentaranse as liñas de actuación en cuestión medioambiental, atendendo á recuperación da Ría e da Enseada de San Simón.
O candidato nacionalista estará acompañado da candidata de Redondela Jessica García e o voceiro municipal Xoán Carlos González.
Tamén hoxe estarán na Praza da Constitución os candidatos de Unidas Podemos, Eva Solla, Iria Figueroa e Marcos Cal. O acto terá lugar ás 12:00 horas.