Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Cargadoiro Coto Wagner suma apoios en contra da súa demolición

RR_Noticias

Colectivos veciñais e sociais de Redondela xa tiñan manifestado a súa negativa a que este elemento do patrimonio industrial de Rande fora derrubado. Unha proposta defendida dende a Autoridade portuaria de Vigo, alegando o seu estado ruinoso, e que se topou de fronte coa Asociación ARPE que segue sumando apoios para defender este ben patrimonial. Entre os máis destacados polo seu peso no que atinxe ao patrimonio cultural estaría o Museo do Pobo Galego, a Real Academia das Belas Artes de Galicia e a Universidade de Santiago. Contan tamén co apoio do Consello da Cultura Galega.

O presidente de ARPE (Asociación Rande Patrimonio Europeo) Xurxo Constela critica a actuación da Autoridade Portuaria quen tería aproveitado o confinamento para solicitar ao Ministerio de Cultura o desmantelamento do cargadoiro argumentando o seu estado ruinoso e o suposto risco para a saúde alegando que contén elementos con amianto (supostamente algún tellado de uralita).
Dende ARPE entenden que non son argumentos suficientes xa que sería preciso un estudo máis polo miúdo da estrutura para que dende o Ministerio se aceptara esta petición e lembran que se trata dun cargadoiro dun gran valor por si mesmo, valor que se ve incrementando atendendo a que forma parte dun conxunto de elementos como é a fábrica do Alemán, as ruinas do castelo, o outro cargadoiro ou mesmo os pecios afundidos que permiten afirmar que “non existe ningún recurso na ría de Vigo con tanto potencial”.
Insiste Constela que o ente portuario non persegue garantir a seguridade e si os intereses económicos para facer no lugar unha zona de atraque para barcos inservibles ou implantar unha terminal de contedores ou conxeladores na explanada lindeira co cargadoiro.
Co obxecto de defender o patrimonio traballan na procura de apoios de diferentes entidades cutlurais, sociais e veciñais así como políticas para evitar o que consideran un disparate, que a Autoridade Portuaria continúa no seu empeño de desmantelar o cargadoiro que é entre outras cousas, un recurso social e económico para a nosa ría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará