Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

300 persoas saen á rúa en Soutomaior para demandar máis persoal sanitario

RR_Noticias

A decisión do Sergas de non cubrir as vacacións dun dos médicos do Consultorio de Arcade e o peche do consultorio de Romariz hai xa cinco meses, deixa a esta localidade baixo mínimos segundo denuncian os manifestantes. “Temos un médico a xornada comploeta e outro a media xornada para unha poboación de máis de sete mil persoas e non hai pediatra nin matroa”, unha situación que cualifican de “nova humillación da Xunta cara a veciñanza desta localidade”.

“Si, si, si que abran Romariz” ou “que poñan a Reguera na lista de espera” foron algúns dos lemas que se puideron escoitar no percorrido do manifestantes que saíron ás 12.30 horas dende o Concello de Soutomaior e remataron a marcha no consultorio de Romariz, pechado dende hai meses.
Precisamente o peche deste centro xa provocara o malestar entre a veciñanza, malestar que se viu agravado nos últimos días logo de coñecerse que o Sergas non tiña intención de cubrir as vacacións dos médicos que atenden no centro de saúde de Arcade, segundo denunciaron os propios traballadores.
O BNG, quen apoiou a protesta, lembrou que seguiran demandando tanto na rúa como nas institucións que se recupere a atención sanitaria no concello que actualmente sofre un agravio comparativo con outras localidades que tendo unha poboación semellante si contan cun número de facultativos suficiente mentres “os veciños de Arcade e Soutomaior non están a recibir a atención sanitaria que merecen pola falta de persoal”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará