Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela non estará (ou si) no Parlamento galego

RR_Noticias

Á espera de que se coñeza o voto emigrante, o ata o de agora parlamentario redondelán Alberto Pazos perdería o seu escano por un puñado de votos. Partía no número 11 da lista popular que logrou facerse con dez deputados pola provincia de Pontevedra. Tampouco logra escano a socialista Olga Rodríguez Puga que ocupaba o posto número 8 na candidatura do PSdeG que logrou seis parlamentarios. Mellor sorte a do nacionalistas Manuel Lourenzo de Arcade, partía como número 4 e estrearase no Parlamento Galego tras acadar o BNG seis representantes na nosa provincia.

As candidaturas dos partidos que se presentaban a estes comicios electorais levaban nas súas listas candidatos de Redondela, e malia que había incógnitas sobre a posibilidade ou non de que saíran electos, finalmente ningún dos nosos veciños acadou praza no Horreo. Alberto Pazos (PP), Olga Rodríguez Puga (PSOE) e Jessica García (BNG) formaban parte desas candidaturas que se presentan ás eleccións por Pontevedra.
O popular Alberto Pazos e a socialista Olga Rodríguez Puga, non contan a estas horas con escano. Pazos Couñago ocupaba o posto número 11 por Pontevedra na lista que lideraba Alfonso Rueda. Hai catro anos os populares lograran precisamente once representantes na nosa provincia, pero nestes comicios quedaron con dez, polo que Pazos non entraría na Cámara galega á espera de que se reconte o voto dos emigrantes (o voto exterior decidirá por 47 papeletas se o PP logra un escano máis ou o PSdeG mantén os 15 logrados o domingo).
Pola súa banda Rodríguez Puga ocupaba o posto número 8 na candidatura do PSdeG que encabezaba o candidato á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero. Malia que o seu partido remontou, pasando dos 4 representantes de hai catro anos a seis, queda sen escano.
Máis lonxe estaba Jessica García, concelleira en Redondela que ocupaba o posto número 15 na lista que os nacionalistas presentan a estes comicios e que encabeza na nosa provincia o deputado Luis Bará. Neste caso, a notable recuperación dos nacionalistas, que pasaron de dous representantes por Pontevedra a un total de seis, si converte en deputado ao que fora voceiro do Bloque en Soutomaior, Manu Lourenzo, quen ocupaba o posto número 4.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará