Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Primeira crise de goberno no executivo de Digna Rivas pola dimisión do socialista Leonardo Cabaleiro

RR_Noticias

Logo de dous mandatos na oposición e tan só un ano despois de entrar no goberno, o edil presentou a súa dimisión o pasado día 10 alegando “cuestión personais” que o levan a renunciar as súas responsabilidades como Concelleiro de Seguridade, Transporte, Medio Mariño, Interior e Patrimonio. Alberto Álvarez, número 8 na lista que lideraba Digna Rivas, será previsiblemente o seu substituto unha vez a renuncia se faga efectiva no pleno ordinario que se celebra a finais de mes.

Cabaleiro insiste en que deixa o grupo municipal pero non así o PSOE nin os cargos orgánicos que ostenta como Secretario Local do partido e portavoz de Pesca na executiva provincial e “quedo a total disposición do meu partido”.
A renuncia responde a “unha decisión meditada e reflexionada” que decidiu non facer oficial ata o pasado venres “para non interferir na campaña electoral”. Sobre este ano de goberno explica que foron uns meses “onde non faltaron dificultades á hora de poñer en marcha un equipo formado por dous grupos, que cada vez se entenden mellor”. No que respecta ás súas áreas apunta que deixa en marcha diferentes iniciativas encamiñadas a mellorar o aforro enerxético, incrementar a flota da policía coa adquisición de novos vehículos como dúas motos que facilitarán as patrullas pola zona rural ou unha memoria para mellorar o acceso de discapacitados á praia de Cesantes.
A dimisión de Leonardo Cabaleiro, responsable da oficina de Correos en Redondela, suporá a entrada de goberno do número 8 na lista do PSOE, Alberto Álvarez Pérez, da parroquia de Cedeira e técnico de automoción.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará