Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous millóns de euros para reactivar a economía local

RR_Noticias

O Concello de Redondela ten en marcha un Plan que inclúe axudas económicas a Pemes e autónomos para paliar as consecuencias da COVID-19, así como diferentes actuacións para incentivar as compras no municipio co impulso do comercio online ou a reactivación cultural e turística. Entre as medidas tamén se contempla un reforzo da limpeza e da desinfección en espazos públicos e nas instalacións municipais  e a contratación de máis de medio centro de novas contratacións públicas.

A folla de ruta marcada polo Goberno local inclúe medidas de carácter sanitario, económico e social que permitirán dinamizar a actividade económica e ofrecerán apoios ás empresas e ós traballadores autónomos. O orzamento total destinado a este Plan de Reactivación Local ascende a 1.942.264 euros e inclúe ata seis programas diferentes de actuación.
Apóstase así por promover a compra no mercado local con medidas como a creación de 40 prazas de estacionamento rotarorio, de balde ao carón da praza de Abastos. Tikets de aparcamento para os clientes que merquen nos establecementos adheridos a Mercanacasa e outros incentivos para buscar a fidelización do cliente. Tamén inclúe este punto unha campaña de promoción do comercio de proximidade, co lanzamento dun directorio dixital de anuncios gratuítos, como ferramenta dixital que permitirá coñecer as ofertas e as demandas da cidadanía, como por exemplo, os servizos de coidado de persoas maiores ou de limpeza.
No ámbito cultural e turístico resérvase unha partida de 173.450 euros para atraer turistas a Redondela coa realización de rutas guiadas durante o verán e microeventos gastronómicos, culturais e deportivos. Por outra parte, inclúese a celebración de campamentos urbanos vinculados coa música, o teatro, as novas tecnoloxías e as artes plásticas.
Máis apoios a empresas e familias
O Plan de Reactivación Local tamén inclúe servizos de asesoramento a pemes, autónomos así como apoios para lograr a transformación dixital; un servizo que xa está en funcionamento a través da propia páxina web do Concello. Ademais, a Administración local ten previsto habilitar o antigo centro de servizos sociais nun espazo de Coworking; deste xeito, no caso de que se producise un novo confinamento que impedise acudir ós centros de traballo, a veciñanza disporá dun lugar ó que dirixirse.
Outras medidas sociais
O Plan de Reactivación local de Redondela complétase con outros apois de carácter social; dende axudas de entre 300 e 400 euros ás familias máis afectadas pola situación excepcional da COVID-19 ata facilitades de conexión á internet a aqueles escolares que carecen de conexión nos seus fogares. O Concello de Redondela tamén habilitou un sistema de repartición de alimentos entre as familias máis vulnerables do municipio. O orzamento destinado a estas actuacións supera os 371.000 euros
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará