A Asociación Berete Rock de Chapela ten en marcha a venda de camisetas do festival de música suspendido este ano polo coronavirus. Así, por cada camiseta que se venda un euro será destinado a Cáritas, organización que colabora co reparto de alimentos entre 120 familias de Redondela. Dende o colectivo animan “máis ca nunca a que os colaboradores co festival se fagan cunha destas prendas que se poden encargar nos sitios de sempre ou a través das redes sociais, xa que nesta ocasión estarase colaborando cos que máis o necesitan”.
Como en anos anteriores tamén se poden adquirir sudaderas por encarga a un prezo de 20 euros ou, como novidades nesta edición, unha das prendas máis demandadas neste anos como son as máscaras de protección, que lucirán o logo do festival e que se venderán a un prezo de 6 euros.