Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG insta a sancionar á concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar pola súa actuación “neglixente”

RR_Noticias

O nacionalista Xoán Carlos González demanda ao goberno de Digna Rivas que estude sancións cara Sacyr, xestora do servizo de Axuda no Fogar en Redondela, por expoñer tanto a traballadoras como usuarios a posibles riscos, negando os EPIs necesarios para que o traballo se desenvolvese con seguridade.

Durante os meses que durou o confinamento decretado polo “estado de alarma” dende o BNG, realizouse un seguimento da xestión da empresa Sacyr, xestora do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Redondela tras “advertírsenos que as traballadoras da empresa, un total de 45 sentíanse abandonadas pola empresa ao non dotárselles de suficientes equipos de protección individual”. Malia que houbo un intento de negociación por parte de representantes do sindicato CIG, a empresa limitouse a cederlles un equipo ao mes a cada unha delas.
“Segundo a información que recabamos, a inquedanza medrou entre os propios usuarios e usuarias, tomando algunhas familias a decisión de darse de baixa temporalmente no servizo, ata que a situación se normalizara”, engade o edil do BNG.
Malia as presións das traballadoras e dos representantes sindicais, dende Sacyr non se tomou ningunha iniciativa polo que o sindicato denunciou ante a inspección de traballo á empresa. A resposta veu dada por un Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social no que se recolle que a empresa debe subministrar en todo momento de EPIs ás traballadoras, garantir a información e formación sobre o uso dos mesmos.
Despois de estudar toda a información do sucedido nos últimos meses, dende o grupo municipal do BNG consideran que se trata de actuacións “manifestamente neglixentes por parte de Sacyr, tanto coas traballadoras como cos usuarios e usuarias e emprazan ao goberno local a estudar posibles sancións á empresa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará