Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello rehabilitará os vestiarios e a grada do Campo de Gándara

RR_Noticias

O concelleiro de Deportes, Nacho González, lamenta que o anterior goberno non aproveitara o cambio de céspede para acometer esta obra que entende “imprescindible”. Explica que o Club Deportivo Cesantes, que habitualmente adestra e xoga os seus partidos neste campo, está utilizando provisionalmente o campo do Choco ante ao no contar o de Tuimil “cuns vestiarios minimamente dignos”. A obra financiarase cunha achega do Plan Concellos da Deputación de preto de 62.000 euros

As obras, que iniciarán esta semana o proceso de licitación, permitirán a mellora dunhas instalacións que “nestes momentos son absolutamente inadecuadas e que impiden que neste campo se poidan disputar partidos oficiais”, apunta o concelleiro de Deportes, Nacho González.
O anterior goberno fixera obras de mellora do céspede pero “incomprensiblemente, esqueceuse ou non considerou importante a reforma dos vestiarios sen os que, o campo, é practicamente inutilizable”.
A alcaldesa, Digna Rivas lembra que o Club Deportivo Cesantes, que habitualmente adestra e xoga os seus partidos neste campo, está utilizando provisionalmente o campo do Choco ante ao no contar o campo da Gándara “cuns vestiarios minimamente dignos e adecuados”. Está fora de toda lóxica, engade a rexedora local, “acometer unha reforma de céspede e deixar fora o resto de infraestruturas deportivas do campo sen as que a instalación resulta pouco menos que inútil”.
O certo é que, sen uns vestiarios axeitados, os estamentos deportivos nunca permitirían a disputa dun partido oficial nestas instalacións, polo que urxía darlle unha resposta rápida “non só ao C. D. Cesantes en todas as súas categorías, senón a outros equipos como o Atlétivo Villar, Meirande de veteranos e os Nietos da Coca, tamén de veteranos, que unha vez rematadas as obras poderán utilizar as instalacións en condicións adecuadas”.
Finalmente, o concelleiro de Deportes, Nacho González, amosou a súa satisfacción por poder poñer en marcha “unhas obras imprescindibles que non só servirán aos clubs deportivos de Redondela, senón tamén, fora de tempada, para outras actividades municipais como actividades de conciliación ou campamentos infantís e actividades extraescolares”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará