Con dúas persoas dependentes ao seu cargo, o seu maior temor é que eles se contaxien. No tempo de confinamento saía o xusto para ir ao supermercado e facer recados, extremando sempre as precaucións para evitar que o virus entrara na casa. Agora pensa no outono, porque teme un rebrote a partir de setembro igual que adoita acontecer coa gripe.
Os usuarios da Cruz Vermella de Redondela téñeno claro: o que máis se botou en falta durante os meses que estivemos pechados na casa foi o contacto coa familia. Marga Borrega compensou esa separación coas novas tecnoloxías, botando man das videochamadas “non ver aos fillos faise moi duro, aínda que eu estaba acompañada na casa polo meu pai e unha irmá”.
O que lles puidera acontecer a eles é o que máis lle preocupa, xa que son dúas persoas dependentes “con 85 anos meu pai malia estar ben ten as súas patoloxías, e tamén me preocupa a miña irmá, de feito tiven as miñas reticencia á hora de que regresara ao Centro de Día unha vez que reabriron”.
Agora o que máis lle preocupa é o que poida acontecer a partir de setembro. Ante o risco de que coa chegada do outono a cousa poida empeorar “igual que acontece coa gripe” polo que confía en que todos extrememos as precaucións para evitar contaxios.