Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un emocionado Leonardo Cabaleiro despídese da corporación

RR_Noticias

A dimisión do edil socialista facíase efectiva no pleno de onte nunha sesión na que o xa exconcelleiro tomaba a palabra para amosar a súa satisfacción por ter formado parte da corporación durante os últimos nove anos. Un día que cualificou de agridoce “logo dunha decisión pensada e consensuada pero ao mesmo tempo dura” para concluír afirmando que deixa o goberno “coa sensación de ter batallado por Redondela pero coa tristeza de non ter logrado, neste espazo e tempo, todo o que me tería gustado”.

Coa voz entrecortada pola emoción tomaba a palabra Leonardo Cabaleiro nos últimos minutos do pleno para amosar os seus agradecementos “ao meu partido por terme dado a oportunidade de formar parte da corporación durante máis de nove anos, oito na oposición e algo máis no goberno e por darme o privilexio de sentir a política en primeira liña municipal a pe de rúa”. Agradecementos tamén á executiva local do PSOE “por apoiarme sempre no político e no persoal”. Unhas palabras que facía extensibles aos compañeiros de bancada e a militancia así como aos edís da oposición “polas súas achegas e contribucións para que Redondela mellore”.
Unha palabras que remataban cun sonoro aplauso tanto do público como do resto dos membros da corporación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará