Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Peche de tráfico na rúa Paseo da Praia de Cesantas pola reparación dun muro de contención

RR_Noticias

A vindeira semana o Concello realizará obras de reparación nun tramo do muro desta rúa, o que obrigará a cortar o aceso a residentes os días 10,11 e 12 de Agosto. A actuación vén a raíz do mal estado dun tramo do muro de contención do litoral. No mes de xuño foi revisado polos servizos municipais debido a varias fochancas na beira da calzada ao entrar o mar por debaixo da cimentación. Ante o perigo que pode causar ehículos e peóns podecerase á súa reparación.

Os informes técnicos chegaron a conclusión de que a reparación tiña que realizarse a curto prazo. Unha vez trasladados os incidentes o Servizo Provincial de Costas e obtidos todos os permisos necesarios, unha empresa contratada polo Concello realizará a obra de reparación e substitución do muro de contención. Durante a execución das obras o departamento de Medio Ambiente instalará unha barreira anti-contaminación para evitar posibles danos medioambientais as augas da enseada de San Simón. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará