Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresarios pon en marcha unha aula virtual para formar traballadores e autónomos

RR_Noticias

A venda “on line” e a dixitalización dos negocios é unha realidade desde hai anos, pero a crise da Covid-19 está a “pisar o acelerador” deste proceso, segundo explica Julia Alonso, desde a Asociación de Empresarios de Redondela. Por iso os esforzos deste colectivo céntrase agora en fomentar a venta en internet entre os negocios locais, así como os cursos de formación para que tanto traballadores como empresarios se formen nas capacidades dixitais.

A Asociación de Empresarios de Redondela quere “reconectar” cunha actividade, a formación, que sempre ten sido unha prioridade para esta entidade, e que dende hai décadas vén desenvolvendo importantes proxectos formativos tanto para traballadores en activo como para desempregados. A Aula virtual arranca a finais de agosto con dúas accións formativas, e en setembro está previsto que se vaian incorporando moitas máis. As que ser porán en marcha de forma inmediata serán unha, dirixida ao sector de academias e centros de formación (Aplicación de ferramentas dixitais na educación) e outra (Social Media Market en comercio) orientado a xestión e venda en Redes Sociais para comercios. Todas a empresas asociadas poden acceder de forma totalmente gratuíta á realización dos cursos, tanto para os empresarios como para os seus traballadores, mesmo os que se atopen en ERTE. En caso de que queden plazas dispoñibles poderán acollerse outras solicitudes incluso para persoas desempregadas. A entidade recomenda poñerse en contracto a través dos formularios dispoñibles na aula virtual do portal www.empresasredondela.gal a través do cal se realizarán as inscripcións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará