Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Zonas verdes, a saída na Fonte da Fraga e mellores conexións son as demandas de Chapela

RR_Noticias

Aberto o prazo de alegacións ao proxecto de resposición das obras de ampliación da AP-9, a asociación de veciños esixe a Audasa que os traballos vaian máis aló “do simple arranxo dos destrozos realizados para crear o novo carril da autoestrada”. Reclaman melloras e compensacións para a parroquia, que pasan pola instalación de pantallas vexetais e zonas verdes, a mellora de camiños e servizos afectados, a saída da autoestrada na Fonta da Fraga, e a continuación do camiño da Pousadoura, para conectar a avda. de Redondela coa avda. de Vigo.

A Asociación de Veciños de Chapela, que xa remitiu as súas alegacións ao Ministerio de Transportes, demanda actuacións que sirvan para ocultar os grandes muros levantados para as obras da autoestrada ao seu paso pola parroquia. Esixen que se faga con pantallas vexetais e zonas axardinadas, “que servirán para reducir o impacto visual, acústico e ambiental da AP-9 en Chapela”.O colectivo tamén lembra unha vella reivindicación, como a mellora da conexión entre a parte alta e a parta baixa da parroquia “coa continuación do camiño da Pousadoura ata a avda. de Vigo, na zona de Catro Pontes, para conectar así a avda. de Redondela e a avda. de Vigo. Outra das peticións pasa por crear unha saída da AP-9 na Fonte da Fraga, cunha rotonda para regular o tráfico na avda. de Redondela. Demandan tamén a creación dunha pequena praza axardinada e aparcadoiro na intersección entre o camiño da Igrexa e o camiño do Piñeiral, a recuperación das pedras do lavadoiro de Pasán, e a recuperación da fonte e o lavadoiro no camiño Fonte Cornide.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará