Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela contará cun departamento de Servizos Sociais máis funcional, accesible e eficiente

RR_Noticias

O Concello de Redondela reformará e acondicionará as oficinas de Servizos Sociais de Chapela. Coas obras mellorarase a atención á cidadanía, e adaptaranse as instalacións ás novas necesidades de información e asistencia, ademais de facelas totalmente accesibles. Tamén se habilitará un punto de Rexistro e información xeral, e outro de Recadación municipal para evitar que os veciños teñan que desprazarse a Redondela.

O Concello de Redondela iniciará, en breve, os traballos de acondicionamento e reforma das dependencias dos Servizos Sociais de Chapela, co fin de facelas totalmente accesibles e, ao mesmo tempo, conseguir unha mellora enerxética de todo o espazo. Na actualidade, os Servizos Sociais de Chapela atópanse situados nos baixos do pavillón municipal. Trátase dun espazo que combina os servizos de atención ao público, información e rexistro, amais de contar con distintos despachos de atención a servizos sociais onde desenvolve o seu traballo o persoal do servizo que precisa dun despacho individual para atención personalizada. O proxecto que desenvolverá o Concello busca potenciar os usos existentes no edificio é, ao mesmo tempo “crear novos espazos de atención á cidadanía”. Habilitarase “un punto de Rexistro e información xeral e outro de información dos servizos de Recadación municipal” como explica a alcaldesa Digna Rivas. A rexedora salienta a importancia destas oficinas “que farán posible que a veciñanza de Chapela non teña que desprazarse a Redondela para a realización de determinados trámites”. As obras incluirán a creación dun espazo para sala de xuntas e aseos de uso público que contarán con todas as normas de accesibilidade e seguridade. A fachada será modificada para crear unha entrada acristalada que ofrecerá unha maior luminosidade, adaptada tamén para que sexa accesibilidade a todos os usuarios.
As obra, realizadas no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020, contarán cun investimento de 170.000 euros cofinanciados ao 80 % con fondos Edusi Redondela e o 20 % de fondos propios do Concello redondelán. Trátase, segundo a alcaldesa Digna Rivas, de facer un espazo “cómodo e funcional” tanto para para os usuarios como para o persoal que traballa no servizo. Ao mesmo tempo, coa inclusión de servizos como Recadación Municipal ou Rexistro, “permiten un achegamento da administración á cidadanía facendo os seus servizos máis próximos e evitando desprazamentos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará