Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes buscará en Rianxo unha praza na LGT-A

RR_Noticias

Logo de rematar a Liga Galega de Traiñeiras B como gañador da Bandeira Concello da Pobra, e no 2º posto da xeral, os remeiros de Cesantes buscan agora facer realidade o seu obxectivo: ascender á Liga Galega A, a máxima categoría do remo galego. O “play-off” de ascenso será esta fin de semana en Rianxo.

O club redondelán parte como claro favorito para facerse cunha das dúas prazas disposñibles na LGT-A, xa que ao longo da temporada demostraron ser claramente superiores aos seus adversarios nesta fase de ascenso, que son Perillo e Mera. O presidente do C.C.D. Cesante, Jorge Rodríguez, amósase moi satisfeito co rendemento da traíña, e orgulloso de ter acadado a Bandeira Concello da Pobra, na casa dos campións da LGT-B. Agora toca poñer o broche de ouro á temporada acando o ascenso de categoría. A cita é nunha dobre xornada, sábado e domingo, en Rianxo, cunha contra reloxio na que se suman os tempos. Rodríguez confía en acadar este obxectivo, e agradece o esforzo tanto dos deportistas, como a colaboración das empresas locais que lles pretaron o seu apoio para poder competir esta temporada, así como ao Concello de Redondela, pola organización de tres bandeiras de traíñas, dúas delas disputadas en Chapela e unha en Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará