O BNG de Soutomaior convoca aos veciños a unha mobilización na ponte medieval que une Arcade con Ponte Sampaio, hoxe venres ás 20.45 horas. Denuncian o peche do consultorio de Romariz, que leva meses sen servizo, e o colapso do centro de saúde de Arcade con listas de espera dunha semana para unha cita telefónica.
Por outra banda, o grupo municipal do BNG, vén de solicitar no Concello de Soutomaior a convocatoria urxente das comisións de Sanidade e Ensino, para abordar a situación da sanidade no municipio e o inicio do curso escolar nos colexios, e tamén a Comisión de Medio Ambiente, para abordar “os continuos verquidos da rede de saneamento, posibles sancións aos responsables, e acontaminación das augas de baño”.