Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Camiño de Santiago de Educateatro abre a programación cultural de setembro en Soutomaior

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior programa para este mes de setembro diferentes actividades que inclúen concertos de música tradicional, contacontos, obradoiros para nenos e tamén, pensando nos máis pequenos, manteñen o Festival Soutopequeno que se desenvolverá ao longo dun único día, o sábado 19, co cine como principal protagonista. A primeira das propostas este domingo 6 en Talo Río coa representación da obra O Camiño de Santiago ás 20:00 horas.

Paulo Medal e Almudena Zurita dan vida aos irmáns Santiago e Mariña que aprenderán a a entenderse e a xogar xuntos neste
espectáculo no que vivirán aventuras e cantarán cancións para chegar ao Castelo Máxico (a Catedral de Santiago) para topar o tesouro escondido. Un espectáculo en pequeno formato da compañía Eduacateatro Produccións encargada de abrir unha programación que seguirá o sábado 12 coa música tradicional do grupo do Viso, Airiños da Penada, quen actuarán no peirao de Arcade ás 21:00 horas e o domingo 13 coa proposta Running polo camiño no Multiúsos de Arcade ás 20:00 horas.
Xa o venres 18 a biblioteca Luis Seoane de Arcade acollerá ás 17:30 horas un contacontos para os cativos a cargo do grupo Migallas teatro e o sábado 19 será a quenda do cine con actividades en diferentes emprazamentos dentro do festival Souto Pequeno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará