Os populares cualifican de incomprensible que se pechen unhas instalacións durante meses. Afirman ademais que o parque foi pechado ao público antes do confinamento para sustituír o valado exterior e os elementos más danados polo seu uso pero “non se observan avances nas obras de mantemento”.
Dende o PP aseguran entender que se peche un parque durante a súa reparación, pero “resulta incomprensible que se manteña esa situación durante meses, e mais cando non se están a facer as labores de mantemento previstas” declarou a concelleira popular María José Barciela.
A edil popular, responsable do plan de modernización de parques infantís desenvolvido durante os mandatos do Partido Popular, insistiu na necesidade de reabrir as instalacións á maior brevidade posible para que a rapazada poida acceder a este espazo de lecer e evitar aglomeracións nos parques que si continúan abertos.
Por este motivo, Barciela instou ao goberno municipal a “reabrir as instalacións mentres preparan os trámites para contratar os traballos ou executalos si xa teñen o expediente completo. O que non pode facer Digna Rivas é seguir mirando para outro lado porque está a prexudicar aos nenos e nenas de Redondela, a seguridade no noso concello e aos hostaleiros desta zona que levan meses perdendo ingresos polo peche inxustificado do parque”.