Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén acolle un curso sobre a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

RR_Noticias

A Asociación forestal de Galicia (AFG) desenvolverá o vindeiro sábado día 5 no centro cultural de pazos de Borbén un curso no que se abordará a xestión das xuntas rectoras de comunidades de montes. O curso é gratuíto pero é precisa a inscripción previa, ben a través do enderezo electrónico afg@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 986 660 864, 981 564 011 ou 618 752 214.

O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar os aspectos básicos cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.
De cara a garantir a correcta prevención de riscos, todas as persoas asistentes deberán levar mascarilla en todo momento. Haberá ademais xel hidroalcohólico a disposición das persoas asistentes e procurarase no posible manter axeitadas distancias de seguridade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará