Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de portas abertas no Conservatorio de Redondela

RR_Noticias

O Conservatorio “Víctor Ureña” e a Escola de Música de Redondela preparan o inicio de curso con novos enfoques metodolóxicos e reformas estruturais para cumprir cos protocolos establecidos polas autoridades sanitarias. O prazo de matrícula está aberto até o 11 de setembro.

Cunhas xornadas de portas abertas, que se desenvolven este xoves e venres en dúas quendas -o primeiro de 10.30 a 11.30 e o segundo de 12.30 a 13.30 horas-, nenos e pais poderán coñecer as instalacións e os instrumentos que se imparten.
As especialidades nas que se poden matricular no conservatorio son: piano, violín, saxofón, clarinete, percusión, frauta traveseira, trompeta, trompa, trombón, tuba e oboe.
Pola súa banda, na escola de música impártense ademais gaita, guitarra, teclados, percusión tradicional, música moderna, música e movemento a partir dos 3 anos, conxunto instrumental a partir dos 6, canto moderno para nenos e adultos, coro infantil, banda infantil, orquestra moderna e big-band.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará