Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A contorna de Regojo reconvértese en espazo de ocio e homenaxe ao pasado téxtil de Redondela

regojo pedra

O alumnado do obradoiro de emprego “Redondela Vilabela III” das especialidades de xardinería e cantería traballan na elaboración dun espazo integrado na antiga parcela da fábrica de Regojo no que se colocarán diferentes elementos elaborados en pedra que lembran a pasado industrial da vila. A actuación intervirá nun espazo duns 3.000 metros cadrados en torno a cheminea da antiga fábrica que se dotará de alumeado para darlle maior valor. A obra estará lista en dous meses.

A cidadanía contará en breve cun novo espazo de lecer grazas ao traballo que están a realizar os alumnos do obradoiro de emprego de Redondela. Uns traballos que buscan ademais poñer en valor o pasado industrial e a relevancia que a empresa téxtil Regojo tivo no noso concello.

Así o puxeron de manifesto a alcaldesa, Digna Rivas quen xunto aos responsables de Urbanismo de Parques e Xardíns, María Castro e Alberto Álvarez, visitaban o lugar acompañados da directora do obradoiro, Imelda Barrio.

O alumnado deste obradoiro está xa a rematar os traballos de xardinería nun espazo no que se colocarán  posteriormente todos os elementos realizados polos alumnos de cantería, esculturas todas elas relacionadas coa industrial textil: agullas, máquinas, carretes de fío ou as místicas camisas “Dali” que estará representadas con todo detalle polo parque “unha iconografía pensada e consensuada co concello que quedará instalada de xeito permanente nestes xardíns” .

A maiores, segundo explicaba Juan Barciela, profesor no obradoiro, tamén se colocarán paneis explicativos que se distribuirán por toda a zona para que o visitante coñeza a historia desta industria e a relevancia que tivo no concello.

O resultado final será un espazo verde, un prado de céspede con zonas de arbusto e unha completa iconografía en pedra para completar unha imaxe que ten o seu centro na cheminea de Regojo que será iluminada.

Metidos de cheo en Regojo!

Publicada por Obradoiros de Emprego Redondela en Lunes, 21 de septiembre de 2020

A alcaldesa gabou o traballo realizado polo alumnado do obradoiro de emprego e amosou a súa satisfacción pola realización dun proxecto “que ofrece unha nova alternativa de lecer a veciñas e veciños, incrementa os espazos verdes do casco urbano e permite manter viva unha parte da historia industrial do noso municipio”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará