Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“¿Que pasa, tronco?” nova proposta no espazo Mínima Expresión Cultura

ruth

Ruth Rodríguez é a autora desta instalación que se pode ver xa ás portas da Disco Tasca en Redondela. A peza consta dun tronco de vide rescatado no rural galego, e no que se poden apreciar formas e volumes que evocan unha figura humana que mesmo parece sacada do obradoiro de Alberto Giacometti.

Explica a autora que aproveitando as formas humanoides do tronco, engádense elementos contextuais que lle aportan un carácter e personalidade propios e concretos, neste caso, en clave de sátira e humor como indica o título, para asemellar un vello galego gozando dun vaso de viño.

Nova proposta que ocupa o espazo artístico Mínima Expresión polo que xa pasaron 20 instalacións dende que comezou a súa andaina a principios do ano 2015 como espazo aberto para á arte e novas expresións artísticas.

O colectivo Pitrina está detrás desta orixinal proposta que busca espertar o interese de artistas e espectadores. As súas propostas pretenden achegarse a diferentes disciplinas artísticas.

Esta pequena galería de arte chámase “Mínima expresión” e ocupa o interior dunha neveira dos anos 70 rehabilitada e instalada na fachada do bar Discotasca. Un espazo expositivo de tamaño reducido que está a disposición de artistas de todas as disciplinas e que pretende achegar a arte a todo tipo de público, dun xeito divertido e didáctico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará