Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Usurpan o nome do Concello para denunciar o depósito de lixo fóra dos colectores

usurpan

Nas últimas horas e segundo confirma a Concellería de Medio Ambiente, apareceron en varios colectores do lixo na parroquia de Saxamonde unha nota informativa co membrete do Concello cuxa autoría se descoñece. Ao non ser obra do Concello de Redondela o seu autor ou autores están cometendo un delito de usurpación da identidade e poderían enfrontarse a penas de un mes a tres anos.

Os cartaces, escritos en castelán e pegados nos colectores do lixo, recollen unha advertencia: “ante o elevado aumento de lixo depositado polos cidadáns fora dos colectores, iniciarase un operativo especial para trata de evitar o vertido de lixo e terminar cunha práctica que deixa unha imaxe lamentable nas rúas e lugares onde se repite”. Engade o escrito que “se reforzará a vixilancia sobre o vertido de cascallos” para rematar lembrando que o depósito de lixo fora dos espazos indicados para elos “aparella sancións que van dos 600 aos 6.000 euros e que pode xerar problemas sanitarios”.

Un texto que podería resultar inofensivo se non fora porque vai asinado polo Concello. Unha autoría que negan dende o goberno local lembrando que a usurpación de identidade é un delito regulado polo Código penal e lembrando aos posibles autores da actuación que pegar carteis ou notas en muros, fachadas, farois, valados, papeleiras ou outros elementos da vía pública está terminantemente prohibido.

Por outra banda, dende a Concellaría de Medio ambiente invitan a calquera persoa que queira colaborar, opinar ou discrepar co traballo realizado por este departamento, a achegarse ó Concello con cita previa ou comunicarse vía telefónica ou correo electrónico (no 986400300 ou medioambiente@redondela.gal).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará