Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Expectación en Redondela pola aparición dun golfiño na desembocadura do Alvedosa

golfiño

A presenza deste animal no interior da ría é algo completamente excepcional segundo explica o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar. Todo apunta a que se trata dun golfiño común que está desorientado ou débil, polo que busca augas doces para se recuperar. Logo de ser avistado en Arcade e na praia de Cesantes en días anteriores, onte permaneceu toda a tarde nadando nas desembocadura do Alvedosa, nas proximidades da depuradora. O Cemma xa lle está realizando un seguimento e recoméndase aos veciños que eviten as aglomeracións ou crear balbordo ao seu arredor, xa que iso podería asustalo.

Non é un arroaz, senón un golfiño, o que supón un feito excepcional xa que esta especie non adoita adentrarse na ría. Logo de que o martes un palista tivera que desvaralo na praia de Cesantes onte o animal reaparecía primeiro na zona de Punta Socorro e posteriormente xa no centro da vila, no tramo final do Alvedosa.

#Redondela🆕 Hoxe a tarde, houbo un visitante inesperado na Vila.Dende a #concelleria de #medioambiente e a #policialocal, INFORMAN:❌ No caso de localizalo, non se recomenda gritar, nin crear alboroto cara o animal, posto que se pode #asustar e #desorientar cara a saída da ría.❌⚠️ Evitar aglomeracións entorno ao lugar no cal se aviste o animal como as que se produciron esta tarde, recordando manter a #distancia de #seguridade polo ven de tod@s.http://www.cemma.org/

Publicada por Policía Local Redondela en Miércoles, 23 de septiembre de 2020

O concelleiro Roberto Villar explica que “non é normal a presenza deste animal na ría” polo que se puxeron en contacto co Cemma, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños que xa lle está a realizar un seguimento. “Créese que estes animais cando están débiles buscan auga doce para se recuperar, polo que ante todo se recomenda aos veciños que o deixen tranquilo, que non se aglomeren no lugar no que se produza o avistamento e que non berren nin fagan ruído, porque iso podería asustalo e desorientalo aínda máis”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará